Rufo López, da SD Ribadeo Tenis de Mesa logrou a medalla de prata na categoría veterana no campionato galego celebrado en Ribadeo

Rufo López, da Sociedade Deportiva Ribadeo Tenis de Mesa, logrou a medalla de prata na categoría de Veteranos de máis de 60 anos durante as probas do campionato galego celebradas no pavillón polideportivo municipal ribadense a pasada fin de semana.
No campionato galego tamén destacaron outros deportistas da SD Ribadeo Tenis de Mesa: Raúl Barcia, que foi semifinalista na categoría de Veteranos de máis de 40; Rufo López e Javier de Burgos, semifinalistas en Dobres Veteranos de máis 40 anos; e o equipo formado por Daniel López, Javier de Burgos e Rufo López, semifinalistas na categoría de Equipos Veteranos maiores de 40 anos.
En Dobres Infantil Raúl García e Javier López chegaron aos cuartos de final e no campionato galego tamén representaron á SD Ribadeo Tenis de Mesa Hugo Pardo, Javier López e Raúl García, en categoría Infantil Individual.
O presidente do club SD Ribadeo Tenis de Mesa, Francisco Muíña Díaz, explicou que están “moi satisfeitos polos encomios que recibimos por parte dos participantes nos campionatos e dos representantes da Federación Galega de Tenis de Mesa”.
O evento foi organizado polo club S.D. Ribadeo Tenis de Mesa, a Federación Galega de Tenis de Mesa e o Concello de Ribadeo, coa colaboración de Gráficas Ribadeo.

Etiquetas