SON Viveiro presentou unha moción para regular as taxas dos caixeiros automáticos

Cun único concelleiro na corporación municipal, SON Viveiro demostrou ao longo destes catro anos que, se existe esforzo, traballo e vontade de querer cambiar as cousas, pódense facer moitos cambios positivos en prol da veciñanza. Un dos logros máis destacables deste grupo foi a consecución de 27.000 euros anuais para as arcas municipais, procedentes das entidades bancarias que, tras a elaboración dunha ordenanza fiscal que regula a taxa pola instalación de caixeiros automáticos nas fachadas dos inmobles con acceso directo dende a vía pública, deberán pagar unha cota de 3.000 euros anuais por cada caixeiro instalado.

En Viveiro, existen nove caixeiros con acceso directo a vía pública, o que supuxo a entrada de 27.000 euros anuais no concello. Isto non sería posible sen o traballo e a dedicación dos compoñentes de SON Viveiro e, en especial, dos xa exconcelleiros Víctor Marcial Miranda e Marcos Besada, que defenderon a proposta en diferentes plenos. Pese a que o primeiro defendeu esta proposta nun pleno xa en novembro de 2015, e foi aprobada en abril do 2016 co segundo, a cota non se puido cobrar até o exercicio do 2017, debido á lentitude do goberno municipal á hora de elaborar a ordenanza.

Etiquetas