Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Últimos días para participar no concurso fotográfico O Camiño no Visor

Por 16 Maio, 2019Sin comentarios

O vindeiro luns, 20 de maio, remata o prazo de presentación de traballos ao Concurso Fotográfico O Camiño no Visor, organizado polo Obradoiro de Emprego Ribadeo co Camiño.
Poden participar todas as persoas maiores de idade que presenten unha fotografía representativa do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo.
O 1º premio é unha noite para 2 persoas no parador Nacional e Ribadeo e o 2º premio é unha cea para 2 persoas no Hotel Restaurante Javier Montero.
As bases completas do concurso poden consultarse en ribadeococaminooe.blogspot.com