Skip to main content
ActualidadeViveiro

'Vigo 1972' proxectarase en Viveiro o día 17

Por 16 Maio, 2019Sin comentarios
Tras o seu exitoso paso polas salas de cine, e tras participar en distintos festivais como o Cineuropa, Festival Internacional Primavera do Cine, a longametraxe documental Vigo 1972 chega este venres a Viveiro, nunha proxección-coloquio que contará coa presenza do director do filme Roi Cagiao así como do exsecretario do Sindicato Nacional de CCOO Xan María Castro.
A través de entrevistas, materiais de arquivo e dramatiacións Vigo 1972 narra un dos episodios clave da transición no noso país cando en setembro dese ano máis de 30.000 traballadores e traballadoras galegos se alzaron en folga durante semanas contra o réxime franquista, acadando a súa loita unha repercusión internacional e situando a Galicia na vangarda da loita antifranquista.
O filme, finalista en categría nos Premios Mestre Mateo 2018, proxéctase este venres 17 de maio ás 19:30 hs no Salón Multiusos do Concello de Viveiro ás 19:30 hs. Entrada libre ata completar aforo.
Organiza a proxección SON VIVEIRO – Son en Común e colaboran o Concello de Viveiro e a Unión Comarcal de CC.OO. da Mariña.