Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Lourenzá fixo públicos os premiados nos Certanes de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2019

Por 17 Maio, 2019Sin comentarios

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá fixo públicos hoxe, xoves, os 18 premiados nos certames de narración e debuxo convocados para conmemorar o Día das Letras Galegas.
En narración categoría A gañaron Miguel Teobaldo Balseiro Ramallal, Anxo Cibreiro Rivas e Sara Terrón Martínez. Na categoría B foron Aldara Loureiro Seco, Claudia Rego Vizoso e David Rivas Oliveros. Na categoría C Lidia González López quedou primeira, Fátima Itrih segunda e Juan David Prado López terceiro.
E en debuxo categoría A os gañadores foron Claudia Docampo Santamarina, Nadia Novío Campo e Sara Terrón Martínez. Na categoría B foron Chayma Amernis Talhimt, Nathalia Cabanas Jiménez e Aldara Loureiro Seco. Na categoría C os agasallados foron Fátima Itrih, Claudia Rego Vizoso e Cristian Rodríguez Letu.