Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

O Concello de Burela ofreceu sendas recepcións ao Pescados Rubén FS feminino e ao equipo infantil do Porto de Burela

Por 18 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello ofreceu dúas recepcións a deportistas da localidade tras os seus éxitos en diferentes competicións deportivas. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, e o alcalde, Alfredo Llano, recibiron este mediodía ao Pescados Rubén FS feminino pola súa proclamación como campión da Copa Galicia. E esta tarde farán o propio cos infantís do Porto de Burela, que foron campións provinciais.
O edil socialista comentou que “temos as recepcións a dous equipos que quedaron campións nas súas respectivas categorías. Unha aos membros do equipo feminino do Burela Fútbol Sala, que quedaron campioas da Copa Galicia. Esta recepción tivemos que retrasala polos compromisos internacionais que tiñan as xogadoras que foron convocadas polas súas seleccións para xogar torneos”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “é un recoñecemento máis, a verdade é que estas rapazas están facendo historia aquí en Burela, están pelexando na liga e conseguiron a Copa Galicia, e qué menos que facerlles un recoñecemento como vimos facendo con todos os equipos que conseguen éxitos deportivos”.
Ramiro Fernández Rey engadiu que “pola tarde a recepción será ao equipo infantil do Porto de Burela, que quedaron campións provincias, e van comezar agora a loita polo ascenso á liga galega, este fin de semana. Na liña que nos vimos marcando desde a Concellería de Deportes queremos recoñecer con estes actos un pouco o traballo que fan os rapaces no deporte, estamos encantados de recibilos e oxalá poidamos seguir recibindo moitos máis”.
Todos recibirán un agasallo de recordo do seu paso polo Concello burelés.