Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Concello de Viveiro enviou un escrito a Augas de Galicia para decidán que proxecto é o mellor para Xunqueira

Por 19 Maio, 2019Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, subliñou que o Concello de Viveiro xa contestou a Augas de Galicia sobre o informe hidrográfico para a rehabilitación do barrio de Xunqueira. “O señor Balseiro minte descaradamente ou está mal informado. Todos os voceiros da corporación municipal, incluído o do PP, saben que dende o Concello respondemos ao estudo que nos enviou a Xunta de Galicia. E o saben porque convoquei unha Comisión Informativa, na que estaban representantes do Partido Popular, para que foran coñecedores das 3 alternativas que nos ofrecía Augas de Galicia. Entre todos os voceiros, e coa axuda dos técnicos municipais, acordamos enviar un escrito a Augas de Galicia para que foran eles os que decidiran que opción era a máis viable, posto que foron os seus especialistas os que redactaron dito informe. No escrito enviado dende o Concello recolliamos a necesidade de contar coa opinión dos veciños que viven en Xunqueira para tomar a decisión final”.
“Por iso, esta mesma semana mantivemos un encontro cos residentes da zona para explicarlles o proxecto, no que nos trasladaron a súa negativa porque as actuacións lles deixarían pouco marxe de espazo dende o río ás súas casas. E o fixemos porque entendemos que temos que escoitar aos veciños antes de facer nada porque son eles os que viven alí e os que coñecen de primeira man as necesidades que existen”.
A alcaldesa de Viveiro denunciou que “no informe hidrográfico, a Xunta de Galicia en ningún momento manifestaba o interese en colaborar economicamente co proxecto, que conta cun orzamento duns 500.000 euros. É máis, esixía que fose o Concello e a Deputación os que achegásemos integramente dito investimento e de forma urxente. Agora ao parecer dende o goberno galego estarían dispostos a destinar o 33% do total. Alegrámonos, pero danos a sensación de que se trata doutra promesa electoral do PP que ao final non cumprirán, deixando tirados aos veciños de Xunqueira e a Viveiro. En cambio, dende o Concello e a Deputación sempre colaboramos con medios técnicos e humanos, así como con 80.000 euros do organismo provincial para acondicionar un muro”.