Skip to main content
ActualidadeXove

Separar con xeito para reciclar a feito! nova campaña de reciclaxe de Xove

Por 20 Maio, 2019Sin comentarios

Dende xa hai anos o Concello promociona a recollida selectiva de residuos. Así Xove está a desenvolver a Campaña Separar con xeito para reciclar a feito!, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Sogama e o SIG ECOEMBES e, por suposto, o noso Concello.
A campaña, que se está  a desenvolver na praza do Centro Cívico, de 10:30 a 13:30 h, consiste nunha carpa informativa onde monitores ambientais informan aos presentes sobre os beneficios da recollida selectiva o reciclaxe de residuos, tratando de sensibilizalos para levar a cabo esta práctica.
Dende o Concello, e dado que se considera moi importante a preservación do medioambiente e a reciclaxe como un bó medio para esa preservación, invitan e animan a todos os veciños e visitantes a participar nesta campaña e a realizar unha reciclaxe cada vez mellor.