Skip to main content
ActualidadeViveiro

O PSOE no Goberno Central desbloqueará o proxecto de humanización da ría para abrir Viveiro ao mar

Por 21 Maio, 2019Sin comentarios


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu á vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, nun encontro no que tamén estivo o presidente da Deputación, Darío Campos, o secretario xeral provincial, Álvaro Santos, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Loureiro logrou o apoio expreso da número 2 do PSOE ao seu proxecto para abrir Viveiro ao mar retomando unha iniciativa que impulsou Melchor Roel desde a Alcaldía e que foi aparcado polo Goberno do Partido Popular. Adriana Lastra avanzou que o Executivo de Pedro Sánchez impulsará o proxecto da rexeneración da marxe dereita da ría.
María Loureiro subliñou que “está abandonada e sen humanizar porque o PP paralizou e meteu nun caixón o proxecto que iniciamos os socialistas dende o Concello. Nós, dende o Goberno Municipal pedimos en varias ocasións a Portos que nos cederán os terreos pero sempre nos dixeron que non.  Agora co PSOE avanzaremos nos trámites para que Portos traspase os terreos do peirao e da zona do Casino que imos humanizar para dotar dunhas pistas deportivas no casco urbano. Para que Viveiro de unha vez por todas estea aberto ao mar”. Adriana Lastra sinalou que “hai que arranxar a ría dereita de Viveiro. É un proxecto que xa empezou Melchor Roel e que vas finalizar ti María. Porque este Goberno Socialista vaite axudar. E será posible máis pronto que tarde, para conseguir abrir Viveiro ao Mar”.
María Loureiro destacou que “o 28 de maio xogámonos 2 Viveiros. O Viveiro de antes, dos amiguismos, do caciquismo, onde o Concello está por riba e os veciños abaixo. Fronte a un Viveiro onde o equipo de goberno é un veciño máis porque non lle debe nada a mingúen, que só pensa en atender as súas demandas. Porque para iso estamos, para traballar por eles. Para os veciños de Viveiro xa se nota que está o PSOE no Goberno Central. Tiñamos unhas obras paralizadas no paseo marítimo de Viveiro que grazas á chegada de Pedro Sánchez desbloqueouse o proxecto e agora vaise facer un estudo para afondar nas actuacións do paseo marítimo e as escaleiras de San Circo.
“Hai que falar de emprego. Os galegos e os asturianos sufrimos un problema herdado, Alcoa. A responsabilidade é do PP e dun Presidente, Aznar, que decidiu vendeu unha empresa que era innovadora e puntal para o territorio. Dende hai 20 anos Alcoa leva sen recibir nin un só investimento desde que se venderon as fábricas. Que fixo este Goberno? Remangouse e plantouse en Estados Unidos e díxolle á empresa, se queres irte de España podes pero as fábricas e os empregos quedan aquí. Somos o único partido que ten un proxecto industrial para as industrias das Comarcas. Acabamos de poñer encima da mesa 200 millóns para os custos de CO2. E somos os únicos que falar dunha tarifa especial para as electrointensivas porque somos coñecedores das súas necesidades. Eses son os compromisos do Goberno do PSOE no Estado, e por iso, os traballadores saben que somos os únicos que aseguran o emprego.
“É moi importante ter uns bos resultados o próximo 26 de maio para manter a Deputación porque a provincia de Lugo estivo abandonada sempre polo PP desde a Xunta e desde o Goberno Central. E onde eles queren recortar, chega a Deputación, e chega Darío e os Alcaldes socialistas e melloras as infraestruturas e os servizos públicos dos Concellos. Por iso é fundamental seguir traballando polos nosos veciños e lembrarlles que temos  adversarios. As dereitas, que se suman 1 van gobernar; e o segundo, a desmobilización. O que empezou no 28 de abril ten que continuar agora.
“Os maiores investimentos na historia de Galicia foron en 11 meses con Pedro Sánchez de Presidente. E con 84 deputados, agora con 123 e unha dereita en descomposición seguiremos nesta liña. Para iso necesitamos que haxa Alcaldes socialistas, que haxa un Presidente socialista. Porque seguímonos xogando os mesmo que o 28 de abril. Os mesmos dereitos e as mesmas liberdades. Estámonos xogando o estado de benestar. O primeiro cargo público que tivo o PSOE foi un concelleiro, somos o partido que máis concelleiros e Alcaldes ten en España, o partido que mais candidaturas presentou en España. Porque somos un partido municipalista. Entendemos que empezamos a transformar a vida dos nosos veciños e da sociedade a partir dos concellos. E estou segura de que María alcanzará a maioría absoluta”.