Skip to main content
ActualidadeBurela

Ramón Hermida recibiu unha nova homenaxe con motivo da súa xubilación

Por 21 Maio, 2019Sin comentarios

O empresario mariñano Ramón Hermida recibiu unha nova homenaxe o pasado venres, 17 de maio. Neste caso foi en Madrid e ofrecido polos antigos alumnos e alumnas do colexio Luther King, que durante anos Ramón Hermida dirixiu na capital de España, antes de trasladarse a Burela, onde puxo en marcha Academia A Mariña.
O acto celebrouse no hotel Silken Porta de Madrid e foi unha auténtica sorpresa para Ramón Hermida, que estivo acompañado tamén pola súa familia. Na cita non faltaron os agasallos, os vídeos conmemorativos, os saúdos, os abrazos e os emocionados recordos.
Ramón Hermida foi obxecto doutra homenaxe na Mariña o pasado 27 de abril con motivo da súa recente xubilación.