Skip to main content
ActualidadeViveiro

SON Viveiro defende a autonomía da xente nova para ter voz propia e ser partícipe da política

Por 21 Maio, 2019Sin comentarios

A agrupación municipal SON Viveiro – SON En Común defende a autonomía e a capacidade da xente nova para desenrolar os seus propios proxectos. Elena (20 anos), Pablo (22 anos), Manuel (23 anos) e Menalia (25) traballan diariamente pola mocidade de Viveiro e pretenden empatizar co seu pobo facendo suxestións que, en todo momento, son froito das súas experiencias e inquedanzas.
Destacan o seguinte: “Dende hai xa moito tempo, a xente nova de Viveiro demanda, e demandamos, un maior peso na política municipal, queremos que se comprenda a nosa situación, non somos un comprador ao que se lle vende un produto senón xente activa e capaz. Non temos a pretensión de formar parte de listas só para facilitar unha renovación estética nunha campaña nin nos gusta ler constantemente propostas de candidatas e candidatos para captar o noso voto. Sabemos que despois todo iso non é máis que fume. Queremos ter voz propia e para iso formamos parte de SON Viveiro, unha coalición na que por primeira vez nesta vila, as propostas encamiñadas a mellorar a situación da xuventude viveirense, son froito das experiencias e prioridades de rapazas e rapaces. Todo coa colaboración e o apoio das nosas compañeiras e compañeiros.”