Skip to main content
ActualidadeBurela

O Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2019 de Burela xa ten gañadores

Por 22 Maio, 2019Sin comentarios

A Delegación Municipal de Cultura a través da Bibllioteca Pública Municipal de Burela, ven de organizar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2019, na súa fase local, no cal participaron todos os nenos do Concello sobre o tema A revolución do Cambio Climático.
Os mozos do presente son axentes fundamentais do cambio con novos enfoques para lograr que no futuro o noso planeta sexa un mundo mellor. Por iso o Certame de Narración e Debuxo Infantil centrouse na visión dos maio novos das revolucións que se poden producir.
Os gañadores en narracións Categoría A nesta fase local foi Álvaro Fraga Canel do Ceip Vista Alegre. Na categoría B foron Laura Mosquera García e Nerea Gómez Lestegás, ambas do Ceip Vista Alegre. Na Categoría C os gañadores foron Claudia Fraga Canel do Ceip Vista Alegre e Laura González Freira do Ies Perdouro.
En debuxo Categoría A o premio foi para Álvaro Fraga Canel do Ceip Vista Alegre. Na categoría B foron Laura Paleo Ramos, Diessica Tavares Pereira e Cayetana Trelles Vela, as tres do Ceip Virxe do Carme. Na Categoría C os gañadores foron  Shiva Eliska Alinda Nurhakin do Ceip Virxe do Carme, Claudia Fraga Canel e Agustina Amorín García, do Ceip Vista Alegre.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro xoves, 23 de maio ás 19:00 horas, na Sala de arte da Casa da Cultura de Burela.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.