O PSOE de Valadouro e a Deputación dotan ao concello cunha nova piscina para os máis cativos

O alcalde socialista do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, explicou que os veciños do Valadouro disporán dunha nova piscina para cativos grazas á Deputación e o Concello. O Rexedor socialista detallou que son unhas obras moi necesarias coas que se dá resposta a unha necesidade real dos veciños, pois nas instalacións públicas da piscina municipal non dispoñían dun vaso para rapaces . As obras, que están a piques de ser contratadas con 30.000 euros, estarán listas a finais de xuño.

Maseda Maseda explicou que “hoxe en día no Valadouro hai 150 nenos e nenas no colexio de todas as idades que, no verán, desfrutarán destas instalacións. Co fin de ofrecer tamén esta posibilidade aos máis pícaros, decidimos construír este segundo vaso da piscina para que poidan bañarse bebés e rapaces pequenos con maior seguridade”.

Neste senso, o rexedor socialista explicou que o que se pretende con este tipo de actuacións é dotar aos veciños do municipio de máis servizos e dotacións públicas cos que facer máis sinxelo o seu día a día e fomentar, deste xeito, a fixación de poboación.

“Dende o PSOE defendemos que os nosos veciños, independentemente de onde vivan, deben ter recursos públicos das institucións que melloren a súa vida xa que estes fondos son seus. Este é o xeito de Gobernar que dos socialistas, distribuíndo fondos con criterios totalmente obxectivos, a diferenza do que fai a Xunta do Partido Popular, que colabora cos concellos de xeito totalmente partidista”, destacou.

As obras consisten na construción dunha piscina dun solo vaso nun espazo de 60 metros cadrados, de 10 por 6 metros e dunha profundidade de 0,5 metros a 0,8, dirixida ao chapoteo ou á natación. Ademais, e por motivos de seguridade, atópase a unha distancia de 12 metros da piscina grande.

Etiquetas