Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

Os candidatos do PSOE no Vicedo e Mañón unen as súas forzas para traballar conxuntamente

Por 22 Maio, 2019Sin comentarios

Os presidentes das Deputacións de Lugo e A Coruña, Darío Campos Conde e Valentín González Formoso, e os candidatos do PSOE ás alcaldías do Vicedo e Mañón, Vicente Parapar e José Carlos Vilameá, mantiveron unha reunión de traballo para abordar “proxectos estratéxicos de colaboración conxunta entre ambos municipios”.
Parapar e Vilameá comprometéronse a intensificar a colaboración institucional entre ambos Concellos se teñen a responsabilidade de gobernar despois do 26 de maio e a “facer unha fronte común en defensa dos grandes temas que afectan ás dúas provincias e a todos os veciños desta comarca”, como o preocupante estado da ría do Barqueiro, en situación de morte biolóxica, ou a necesaria mellora das comunicacións ferroviarias e por estrada.
“Temos que unirnos nos problemas comúns e intentar resolvalos”, defendeu o candidato socialista á alcaldía de Mañón, José Carlos Vilameá, que sostivo que “o eterno retraso da Xunta coa VAP Costa Norte condena á zona ao illamento social e económico” e demandou a necesidade “de pór en marcha un proxecto de rexenaración urxente para a ría do Barqueiro”, que separa ambas localidades.
No mesmo sentido incidiu o candidato do PSOE á alcaldía de O Vicedo, Vicente Parapar, que afirmou que “temos que loitar pola VAP, que é un tema que nos preocupa a toda a comarca, pero en especial a O Vicedo e O Barqueiro e temos que loitar por FEVE; temos que irmandarnos porque temos cultura común e esperamos que esto sirva como o principio dun cambio que ten que xurdir a partir de hoxe”
Os candidatos do PSOE en Mañón e O Vicedo censuraron “a parálise e o conformismo” dos alcaldes do PP en ambas localidades e destacaron a necesidade de contar con gobernos locais “con capacidade de interlocución en Madrid e ganas de cambiar as cousas”.