Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Inaugurase en Ribadeo unha nova empresa adicada a realizar instalacións eléctricas, de domótica e de vídeo vixilancia

Por 23 Maio, 2019Sin comentarios

Este venres, día 24, inaugurase en Ribadeo unha nova empresa, IMOTEC, que se dedicará a realizar instalacións eléctricas, de domótica e de vídeo vixilancia, entre outros equipamentos.
A nova firma está na Avenida Ría de Ribadeo, número 57, enfronte ao supermercado Mercadona e os seus propietarios son os irmáns Mélani e Iago Otero, que xa teñen anos de experiencia neste sector.
No acto inaugural deste venres, que empezará ás 20:00 horas, os asistentes poderán degustar un aperitivo e haberá demostracións de novidades no sector que son descoñecidas para moita xente, como sistemas para a fichaxe de traballadores nas empresas, que agora é obrigatorio; de control de vivenda a través de smartphones, que permiten manexar desde o teléfono a iluminación, os electrodomésticos, as persianas, a auga, a seguridade por vídeo vixilancia, etcétera; de asistentes por voz de Google ou Amazón; de mellora da seguridade, confort e accesibilidade para persoas maiores e discapacitadas, entre outros, “todo elo con prezos máis económicos do que moita xente pensa”, explican Iago e Mélani Otero.