A casa da cultura do Vicedo acollerá un curso de teatro

A casa da cultura do Vicedo acollerá entre o 6 de xullo e o 6 de agosto un curso de teatro que estará impartido polo director artístico Vittorio Capotorto. Este taller estará dirixido a maiores de 18 anos e non require experiencia.

O prezo é de 100 euros e necesítase un mínimo de cinco participantes. Para máis información e as inscricións hai que chamar ao 610 99 32 86.

Etiquetas