Skip to main content
ActualidadeLourenzá

A Deputación financia con 255.000 euros en Lourenzá a pavimentación do campo de adestramento con céspede artificial

Por 27 Maio, 2019Sin comentarios

A Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno financiar con 255.000 euros en Lourenzá a pavimentación do campo de adestramento con céspede artificial. Tamén se acordou o proxecto que determina todas as obras a levar a cabo.
Este Concello conta con dous campos de fútbol (un para disputar partidos e outro de adestramento) que teñen céspede natural, feito que limita aos horas de emprego. Para favorecer a práctica deportiva dos 100 rapaces de distintos equipos e categorías que empregan estas instalacións a diario, dótase de herba artificial a un deles.
O proxecto aprobado implica os seguintes traballos: movemento de terras e escavación en baleirado ata acadar a rasante necesaria para a instalación do firme e dos pavimentos; drenaxe con canaletas nos laterais do campo, tubaxes de PVC e arquetas de fábrica de ladrillo; bordillos de formigón nos fondos do campo… A pavimentación levará un tratamento superficial de base herbicida, base de zahorra artificial de 20 cm.
Instalarase unha rede de rego con aspersores emerxentes, depósito prefabricado enterrado de 20m3  e un grupo de bombeo. Colocaranse 4 picas de córner e unha estrutura de para balóns de 6 m de altura.
O campo pasará por un control de calidade e a obtención de certificación FIFA QUALITY ou FIFA QUALITY PRO.