Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O PSOE faise forte e podería sumar a Alcaldía de Foz e ser chave de goberno en Barreiros

Por 27 Maio, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Foto elecciones municipales
Todos os veciños lucenses exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións municipais deste domingo 26 de maio, nas que o PSOE, cun 32,51%, e o PP cun 39,07%,  foron os partidos máis votados en toda a provincia seguidos do BNG cun 12,15%. A participación nestes comicios subiu un 1% con respecto aos anteriores.
Nas eleccións europeas o PSOE obtivo a vitoria en Galicia, impoñéndose ao PP por máis de 5 puntos e gañando na Coruña e Pontevedra. O PP mantén a vitoria nas provincias de Lugo e Ourense e o BNG terá presenza en Europa.
O PSOE gobernou o Concello de Alfoz os últimos catro anos e así o volverá facer tras estas eleccións nas que acadaron 5 concelleiros fronte aos 2 do PP e 2 de VIA Alfoz. Así, o actual alcalde, Jorge Val, revalida o seu mandato no concello mariñao. A diferenza agora é que o PSOE poderá gobernar en solitario tras sumar 2 concelleiros máis, que perde o PP.
En Barreiros, as votacións quedaron moi igualadas, nas que o PP acadou 5 escanos, o BNG 5 e o PSOE 1. Así que haberá que esperar por un máis que probable acordo entre nacionalistas e socialistas para destituír ao actual alcalde.
En Burela, Alfredo Llano foi escollido por terceira vez rexedor de Burela, despois de que os votantes burelaos lle otorguen 6 escanos ao seu partido, 4 aos populares e 3 aos nacionalistas.
En Cervo, o Partido Popular gañou considerablemente aos outros partidos conseguindo 7 escanos, no que tan só necesitaba 6 para a maioría absoluta; 2 logrou o PP e 2 o BNG. Así, Alfonso Villares repetirá Alcaldía, pero esta vez cun equipo no que se combinan experiencia e xuventude.
Cambio de tercio en Foz, onde os socialistas, con preto do 39% dos votos, conseguiron 7 concelleiros, o PP con pouco máis do 32% conseguiu 6 edís, Foz Plataforma de Futuro, que tivo case un 10% perdeu 2 concelleiros e queda tan só con 1, e o BNG acadou 3 edís. O partido que gobernaría o concello será de momento unha incógnita, pero podería editarse un pacto PSOE-BNG para ocupar o sillón que obstentou Javier Castiñeira en minoría.
En Lourenzá o PSOE volverá gobernar con Rocío López García repetindo como alcaldesa con 6 concelleiros socialistas á súa beira. Así os populares quedáronse tan só con 3 edís e os nacionalistas con 2.
En Mondoñedo, os votos de esquerdas acadados entre PSOE e BNG non serán suficientes para xuntar forzas e arrebatarlle a alcaldía á candidatura popular, que contará na presente lexislatura con 8 edís fronte aos 2 dos socialistas e 1 dos nacionalistas. Elena Candia faise forte aumentando dous concelleiros.

O actual alcalde de Ourol, José Luis Pajón, volverá poñerse ao fronte deste municipio tras aplastar totalmente con 8 concelleiros aos populares que tan so acadaron 1 escano.
A Pontenova conta cunha traxectoria socialista en continuo crecemento, así o demostrou nestas eleccións, onde o actual alcalde, Darío Campos, revalidou o mandato con 8 concelleiros fronte aos 2 dos populares e 1 do BNG. Campos engadiu un concelleiro, o mesmo que perde o PP.
En Ribadeo, o BNG volveu triunfar na vila na xornada electoral na que a formación nacionalista con Fernándo Suárez en cabeza, contando con case o 45% dos votos emitidos, conseguiu 6 edís no concello, fronte aos 5 do PP e 2 do PSOE. Os nacionalistas revalidan maioría pero perden a maioría absoluta ao caer de 10 a 8. O pouco probable pacto entre PP e PSOE permitiralles seguir obstentanto o bastón de mando.
En Riotorto, os veciños votaron pola reelección do alcalde, que acadou 6 escanos fronte aos 2 do PSOE e 1 do BNG. Clemente Iglesias volverá a liderar a alcaldía riotortense tras revalidar a maioría absoluta acadada nos comicios.
En Trabada, Mayra García Bermúdez gobernou en maioría absoluta na pasada lexislatura e tras gañar de novo estas eleccións, o PSOE volverá gobernar cun total de 7 escanos, dous máis que na anterior lexislatura. Fronte a eles queda só o PP con 2.
No Valadouro, aínda que o PSOE gobernou durante a anterior lexislatura co apoio dos nacionalistas tras igualar en concelleiros ao PP, nestes comicios haberá que esperar para saber quen será o alcade, xa que o PP e o PSOE acadaron 4 edís cada un, 2 o BNG e 1 UDIVAL.
No Vicedo, o seu alcalde actual, o popular José Jesús Novo Martínez, volverá ocupar este este cargo tras acadar un case un 73% dos votos dos veciños o que fan un total de 6 escanos. Os outros tres irán para o PSOE.
O PSOE de María Loureiro foi o gañador na cidade do Landro acadando 8 escanos. O PP conseguiu 5, Xuntos por Viveiro 2, e o BNG e Son Viveiro 1 concelleiro cada un. Así a socialista volverá ser alcadesa.
En Xove cunha participación de case o 82%, a maioría absoluta é do Partido Popular con 7 escanos fronte aos 4 do BNG, así que Demetrio Salgueiro revalidará a Alcaldía do municipio mariñao.