Ourol dota de alumeado a zona do depósito de auga de San Pantaleón

O Concello de Ourol acaba de dotar de alumeado público, o depósito de auga de San Pantaleón, polo que se corrixe asi unha carencia do mesmo, e permite mellorar o acceso nocturno. O equipo de goberno destaca a importancia desta actuación, demandada polos veciños, asi como o esforzo permanente que dende o Concello se está a realizar, para mellorar a iluminación de todo o Concello, dando deste xeito unha maior seguridade, tanto viaria, como na protección das vivendas.

Etiquetas