Cervo abre a programación cultural de xuño co Festival Mar de Voces

O auditorio da Casa da Cultura acollerá o primeiro Festival Mar de Voces o sábado 8 de xuño. A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por Amparo Pernas e Ángeles Martínez, en representación da asociación Mujeres de San Ciprián, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Cervo.

O festival, con entrada libre e previsto para as 19:30 horas, contará coas actuacións do grupo local A Rebolaxe e Cantares de Brión (coro tradicional constituído en marzo de 2010 e integrado por 65 personas; entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional).

Desde a asociación Mujeres de San Ciprián apuntan que este festival nace coa idea de consolidarse no tempo, co fin de que sexa unha data marcada no calendario; “cada segundo fin de semana do mes de xuño pretendemos celebrar o festival Mar de Voces, co obxectivo de que poida ser un punto de encontro da cultura galega e o escenario de diferentes grupos locais e tamén doutros puntos de Galicia  que queiran compartir o seu talento con nós en San Ciprián”, precisaron.

Etiquetas