Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

O Pescados Rubén Burela abre as súas portas para que os cativos se inicien no deporte base

Por 28 Maio, 2019Sin comentarios

A Escola do Pescados Rubén Burela FS realizará xornadas de portas abertas a partir da vindeira semana para todos os nenos que queiran achegarse máis ao fútbol sala, entre as categorías e Cadete, e de forma totalmente gratuíta.
O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa, situada na Avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, na localidade burelá.
Tamén se pode contactar a través do número 982.581.815 ou en escuelasburelafs@gmail.com.
As prazas son limitadas e as datas límites para formalizar as inscricións son as seguintes:
-para a categoría biberón, é dicir, para os nados en 2013 e 2014, e tamén para a modalidade benxamín, o prazo rematará ás dúas da tarde do mércores 29 de maio.
-para alevín e cadete, rematará o prazo o venres 7 de xuño, ás dúas do serán.

Despois, os períodos de adestramentos serán:
-dende o xoves 30 de maio ata o martes 11 de xuño para as categorías biberón e benxamín.
-e dende o mércores 12 de xuño ata o martes 25 de xuño, para os alevíns e cadetes.