Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

Os Campións de Segunda LNFS estrearon look grazas ao seu patrocinador deportivo

Por 28 Maio, 2019Sin comentarios

Os Campións de Segunda LNFS estrearon look grazas ao gran detalle do seu patrocinador deportivo, Joma, que obsequiou a xogadores e corpo técnico cunha chaqueta personalizada en recoñecemento ao seu ascenso e regreso á elite do fútbol sala.
Joma e Pescados Rubén Burela FS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio o pasado verán dando continuidade a unha relación que comezou na tempada 2011-12. A marca española vestirá a toda a estrutura do club laranxa ata 2020, tanto en Primeira División RFEF como Segunda e Primeira LNFS, así como aos máis de 160 nenos que compoñen as categorías de base.