A academia A Mariña, en Burela, anima a inscribir aos cativos na súa Escola de Minitalentos

O vindeiro día 1 de xullo dará comezo a sétima edición da Escola de Minitalentos da Academia A Mariña de Burela. A inscrición está aberta e a súa directora, Raquel Hermida, subliña que “se trata de un proyecto exclusivo y novedoso en Galicia para fomentar el talento de las niñas y de los niños. Nos centramos en dos franjas de edad, la Escuela A, de 3 a 6 años, y la Escuela B, de 7 a 12, acorde con la psicología evolutiva infantil, ya que cada escuela necesita una atención especial y la forma de aprender varía según la edad”.

Os nenos traballarán a lectura, a lóxica, o inglés ou a redacción nas actividades de reforzo de primeira hora da mañá. “Los horarios se adaptan a las necesidades de las familias y los asistentes pueden empezar a las 09:00, a las 10:00 o a las 10:30 de la mañana. Además desde las 08:00 hasta las 15:00 horas, la escuela estará abierta para favorecer la conciliación laboral. Es una escuela para aprender divirtiéndonos, compartiendo con los demás y ser felices. La inteligencia emocional es fundamental para el desarrollo de los niños y niñas”, añade Raquel Hermida.

O programa creouse para desenvolver as capacidades e habilidades dos nenos mediante dinámicas, xogos e proxectos de investigación. Deste xeito, os máis pequeno pasarán un verán divertido e estimulante, nunha escola na que tamén aprenderán a traballar a súa autoestima e as intelixencias múltiples. O curso abarca dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto.

Quen estea interesado en inscribir os seus pequenos, pode dirixirse á academia A Mariña, en Burela, ou ben conectarse ao seu blog http://escuelademinitalentos.blogspot.com.es.

 

Etiquetas