Comezan os prazos de inscrición das escolas deportivas de verán ribadenses

Está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de verán, organizadas pola Concellaría de Deportes de Ribadeo. As actividades están dirixidas a nenos e nenas de oito anos en adiante e terán preferencia os empadroados ou escolarizados na localidade ribadense.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información na oficina da área de Deportes na Casa da Xuventude na rúa Antonio Otero 15 ou no teléfono 982 129 889.

Estas escolas ofertan as modalidades de pesca deportiva, surf, piragüismo, remo e rugbi praia.

En surf hai 20 prazas. Esta actividade comezará o 7 de xuño e desenvolverase os martes e venres de 16:00 a 18:00 horas e do 1 ao 5 de xullo de luns a venres, de 16:00 a 18:00 horas.

En pesca deportiva a oferta é de 20 prazas e terá lugar os días 1, 2, 3, 5, 8, 10, 12, 16, 19, 22, 24 e 26 de xullo de 10:00 a 14:00 horas.

En piragüismo hai 20 prazas. Esta modalidade vaise presentar o 27 de xuño ás 16:30 horas e desenvolverase esta actividade nos meses de xullo e agosto. En xullo terá lugar os días 1, 4, 15, 18, 22 e 29 e en agosto o 1, 5, 12, 15, 19, 22, 26 e 29 de 16:00 a 19:00 horas.

En rugbi praia haberá 30 prazas e desenvolverase en xullo do 17 ao 28 de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas.

E en remo ofértanse 30 prazas. Esta escola terá lugar no mes de setembro, os luns, martes, xoves e venres de 19:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 12:30 horas.

Etiquetas