Este ano haberá catorce bandeiras azuis nas praias da mariña

Este ano haberá catorce bandeiras azuis nas praias da mariña, segundo a información deu a coñecer ADEAC. Foz foi o que máis distincións conseguiu, xa que con cinco areais a bandeira ondeará en Areoura, Peizás, Llas, As Polas e A Rapadoira.

Xa en Viveiro foi distinguida a praia de Area; en Xove a de Esteiro e en Cervo, O Torno. Ribadeo, con dúas bandeiras para As Catedrais e Os Castros-Illas; Burela, con A Marosa e Ril, e O Vicedo con Xilloi e Abrela.

 

Etiquetas