A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo actuará na Foliada de Orbazai

O Grupo Tradicional Marbadás, pertencente á Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, formado por preto de trinta persoas, actuará este vindeiro sábado, 1 de xuño, na 9ª Foliada de Orbazai, que se celebra en Lugo e  que organiza a Asociación Airiños de Orbazai. Participarán xunto aos Grupo Tradicionais Santa Columba Ribadelouro, de Tui,e aos anfitrións Airiños de Orbazai.

E o domingo, 2 de xuño, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o alumnado de danza da EMMeD actuará no xa tradicional Festival en favor da loita contra o cancro, que a AECC de Ribadeo organiza para recadar fondos para a súa asociación.

Etiquetas