Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

Burela clausurou as Escolas Deportivas Municipais de Inverno

Por 31 Maio, 2019Sin comentarios


Concello de Burela clausurou esta semana as Escolas Deportivas Municipais de Inverno. O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo estar moi contento pola súa evolución e polo número de rapaces e rapazas que participaron nesta edición. Os asistentes recibiron un diploma acreditativo e unha medalla. O curso rematou cunha exhibición de zumba e patinaxe.
Fernández Rey comentou que “desde o Concello de Burela na Delegación de Deportes, onte clausuramos as Escolas Deportivas Municipais de Inverno. Aproveitamos para mostrar todo o traballo que levan feito durante o ano as rapazas de patinaxe e de zumba”.
O concelleiro burelés dixo: “estamos moi contentos de cómo foi evolucionando todo e do número de participantes nas actividades. Queremos felicitar ás monitoras e á empresa que ten subcontratado este servizo”.
O edil de Deportes animou “á xente a seguir participando nelas porque evidentemente sen a participación dos nenos e das nenas non sería posible facer estas actividades. Onte a exhibición de patinaxe e de zumba foi moi vistosa e tanto os pais como as nais e avós e avoas que asistiron quedaron moi contentos. Entregámoslles un diploma acreditativo da realización da actividade máis unha medalla polo esforzo feito durante o ano”.
Ramiro Fernández manifestou que “imos seguir apostando por este tipo de actividades porque, como ben dicimos sempre, o deporte é unha das liñas básicas do noso goberno”.