Skip to main content
ActualidadeCervo

Cervo clausurou a tempada de cursos da piscina olímpica municipal para os máis pequenos

Por 31 Maio, 2019Sin comentarios


O Concello de Cervo clausurou a tempada de cursos da Piscina Olímpica adicados aos nenos e nenas.
No acto participaron o alcalde Alfonso Villares e a edil de Xuventude Dolores García Caramés que, acompañados dos monitores, fixo entrega de diplomas e tamén dun pequeño agasallo aos rapaces.
A tempada desenvolveuse entre os meses de outubro e maio, con actividades nos niveis de aprendizaxe e adaptación, iniciación, e perfeccionamento.
Neste curso participaron 123 nenos, ademais de medio cento de alumnos procedentes das diferentes ANPAS da contorna.
Villares sinalou “o compromiso do Concello de Cervo co deporte, e neste caso coa natación, un deporte dos máis completos e saudables, tanto para nenos como para adultos”.
O alcalde quixo dar as grazas aos nenos e nenas e tamén aos monitores municipais, que dirixen e supervisan unhas actividades que ano tras ano van gañando participantes, e engadiu que “dende o Concello animamos a todos os pequenos e pequenas, a que gocen deste deporte tan beneficioso para o noso benestar físico e emocional, en calquera etapa da vida”.