Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

A NorLeste acada tres dos cinco podios de billarda no Castiñeiro

Por 2 Xuño, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Un ano mais a gran festa billardeira trasladouse ó campo de fútbol Manuel Paz do Castiñeiriño de Santiago de Compostela, para disputar as finais da Liga Nacional de Billarda.

Con puntualidade comezaron os duelos na categoría infantil, donde os dezaseis cativos participantes, dez nenos e seis nenas, amosaron todo o seu talento e bo facer. So un representante do NorLeste nesta categoría, que pouco puido facer ante a supremacía do NorOeste e de Rías Baixas, malia a todo o bravo Manu Caldeiro, clasificouse nun honroso cuarto lugar.

O podio foi para Abel Ponte de Campo da feirado NorOeste, seguido de Oscar Caldas de Armadiña de Rias Baixas e Miguel Cancelas de Campo da feira do NorOeste.

En varados, dos 20 finalistas tan so pasaron o corte tres palanadores, que se reduciron a dous na segunda rolda. Resultando gañador Charli de Carabullo do NorLeste, segundo Sachas de Troitas Bravas do NorLeste e terceiro Dani de Rinocereonte de Rias Baixas.

Por equipos, os representantes da NorLeste non saíron tampouco mal parados e superaronse con respecto ao ano pasado. Os Carabullo de Ponte de Outeiro, arrincaron un moi meritorio segundo posto e Billardeiros Musicais de Ribadeo foron terceiros. Foi o equipo Gharaboto de Marín da conferencia Rias Baixas quen gañou un título que viña perseguindo dende tempo atrás e finalmente acadou con todo merecemento.

Na categoría de dona houbo dezaoito finalistas repartidas en dous grupos dos que as catro primeiras de cada un pasaban o corte. Experiencia e xuventude se xuntaban na ardente área e moitas as favoritas, mais so unha iba ser a gañadora.  Geni e Lu, en dúas ocasións, Chefa e a xovencísima Adriana, xa coñeceran as meles do triunfo e outras como Elena Gonzalez, Merche, Elena Xabarís, Tania e Paula, desexaban tamén acadar a gloria.

Nos cruces apareceron por sorpresa Irea e Ainhoa que se colaron entre as favoritas. Menos sorte correron Chefa, Elena Xabarís e Merche que non pasaron o corte. Seguidamente Irea de Carabullo botou fora a Elena González máis non puido con Adriana e tivo que conformarse con loitar polo terceiro posto que acadou gañandolle a Lu o tiro mais longo.

Na outra parte do cuadro, Geni de Billardeiros Musicais do NorLeste desfíxose de Tania, logo de Lu e na final gañoulle a Adriana de Valpaços Terra Quente de Rias Baixas converténdose na primeira dona en acadar por terceira volta o título de Campioa Nacional.

Na categoría absoluta participaron 48 palanadores divididos en seis grupos de oito palanadores cada un, cinco carreiras e pasaban os catro mellores de cada grupo. A Conferencia Norleste correspondéronlle quince prazas de finalista entre os que se atopaban os campións nacionais, Markytos, Chousa e Daniel ademais de outros palanadores de demostrado gran nivel e daquela as posibilidades de facer podio estaban a vista.

Pasaron o corte de grupo Albino, Daniel, David Navallo, Manu Pozo, Pepe Outeiro, Pepe Vidal e Regueiro. Chousa non superou o corte e logo da primeira rolda os superviventes do NorLeste reducironse a tres o que que da idea da dureza da competición pola calidade de todo os participantes.

Daniel de Billardeiros Musicais do NorLeste, foi superando rivais, primeiro a Cris, logo a Xan Rodiño e finalmente o seu compañeiro de equipo Manu Pozo, para plantarse na final con Lito e mais Salva, dos que en tres disputadas carreiras tamén deu boa conta proclamándose por segunda volta Campión Absoluto e Coroceiro Nacional 2019. Segundo foi Lito e terceiro Salva, os dous de Corredoiras de Rias Baixas.

Agora quedan os abertos de verán e prepararnos para unha nova tempada.