Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O alcalde de Cervo aboga por unha mobilización masiva na Mariña

Por 2 Xuño, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fai un chamamento urxente a toda a Mariña para mobilizarse de xeito unánime e dar a coñecer a ameaza que supón para A Mariña que Alcoa non conte con un marco enerxético estable e competitivo.
Villares urxe a todos os mariñáns a “concienciarse do problema grave que temos con Alcoa na situación límite na que nos atopamos e actuar para que A Mariña non perda o seu motor económico. Entre todos temos que apremiar ao goberno central de forma inmediata a que atope unha solución para dotar dun marco enerxético estable ao complexo industrial de San Ciprián”.
Na actualidade o custo enerxético supón o 40% do total nos seus custos de produción e a diferencia no prezo cos seus competidores electrointensivos en Europa sitúase nos 25 euros por MWh. Estas cantidades poñen en verdadeiro risco a competitividade empresarial da empresa na nosa zona. Alcoa xera máis de 1200 postos directos e 500 máis engadindo as empresas auxiliares, ademais de xerar máis do 30% da provincia.
Para o rexedor cervense “é fundamental visibilizar o problema e dar a coñecer a situación ao goberno central de xeito urxente. Para iso  temos que mobilizarnos todos de xeito unánime, neste momento que xa remataron tanto as eleccións municipais como nacionais, co único obxectivo de defender o noso, e conseguir que esta factoría siga existindo na Mariña durante moitos anos máis”.