Skip to main content
ActualidadeViveiro

Óscar Rodríguez agradece as actuacións de mellora no albergue xuvenil de Area

Por 3 Xuño, 2019Sin comentarios

A pasada semana o Consello da Xunta anunciaba as actuacións de mellora nunha trintena de servizos sociais de toda Galicia cun investimento de 13,7 millóns de euros do seu superávit de 2018. Nese plan figura a mellora do albergue xuvenil de Area, cuxa actuación se levará a cabo este mesmo ano e que suporá un investimento de 350.000 euros.
A maiores destas obras, vanse levar a cabo unhas actuacións de posta a punto que van comezar de xeito inminente.
As obras desta primeira fase permitirán mellorar a comodidade e benestar dos usuarios do centro, así como incrementar a eficiencia enerxética do edificio, o que beneficiará ao medio ambiente e reducirá o gasto de mantemento. A reforma do albergue era unha demanda que os populares lle teñen trasladado á conselleira, que Fabiola García atendeu amosando “unha vez máis” o compromiso da Xunta con Viveiro.
O popular, Óscar Rodríguez, pon en valor “a celeridade” coa que a Xunta acometerá esta mellora, despois de terse comprometido a conselleira de Política Social na súa última visita á cidade. O popular recorda que a titular do departamento autonómico comprometeu unha actuación integral no inmoble que se desenvolverá en varias fases, a primeira delas este mesmo ano.