Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A cadea de moda Tutto Tempo abriu en Ribadeo a súa primeira tenda lucense

Por 4 Xuño, 2019Sin comentarios

A cadea de moda Tutto Tempo abriu en Ribadeo a súa primeira tenda na provincia de Lugo. O establecemento inaugurouse cunha promoción que permitiu aos 100 primeiros clientes adquirir a segunda peza a un euro, ocasionouno colas na entrada do local ata antes da súa apertura.
Esta xornada inaugural contou coa presenza no novo establecemento ribadense da gerente da franquicia Tutto Tempo, Raquel Díez, quen explicou: “os nosos prezos de venda ao público son únicos: 10, 13, 15 e 20 euros. Levamos once anos coa franquicia e esta é nosa tenda número 63, 58 en España e o resto no estranxeiro. Temos roupa de señora, de cabaleiro, zapatos, bolsos, complementos, etcétera. Traballamos tallas desde a 36 ata a 52, en función das diferentes coleccións. Soamente fornecemos unha peza por talla e cor co fin de non masificar o produto e renovamos as coleccións todas as semanas”.
Tutto Tempo Ribadeo está na rúa Rodríguez Murias, número 21, na zona peatonal coñecida como Catro Cales.