Vanse a realizar melloras na residencia de maiores de Burela, no albergue de Area e na Devesa

Vanse a realizar melloras na residencia de maiores de Burela, no albergue xuvenil de Area, en Viveiro, e no campamento xuvenil de A Devesa, en Ribadeo. Estas actuacións forman parte do plan de obras que ten como finalidade aumentar o confort e benestar das persoas usuarias dos centros públicos de servizos sociais, así como incrementar a eficiencia enerxética dos mesmos.

Desta maneira, destinanse máis de 600.000 euros a renovar e modernizar tres centros de benestar social na Mariña lucense. A actuación de maior contía corresponde á renovación da fachada, cuberta e habitacións do albergue xuvenil de Area, en Viveiro. Para esta obra o orzamento será de 350.000 euros.

Así mesmo, na mellora da envolvente da residencia de maiores de Burela investiranse 160.000 euros, e no campamento xuvenil de A Devesa, en Ribadeo, financiarase con 120.000 euros a substitución da fontanería da instalación.

Etiquetas