A Feira do Trece de Alfoz será o 15 de xuño

A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, no municipio de Alfoz, celebrará no Lugar do Trece esta feira onde os asistentes poderán adquirir produtos da zona ademais de cerezas e obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú, xantar un menú típico e deleitarse cun desfile de zocas.

Durante a xornada tamén haberá música tradicional, unha mostra de adestramento canino, cea e baile… e outras actividades.

Ademais haberá concurso de gando con premios para o maior número de vacas e cabalos, para o mellor cabalo ou besta d emontura, a mellor vaca e o mellor cabalo ou besta de tiro.

Etiquetas