Skip to main content
ActualidadeViveiro

O IV obradoiro de Banda Sinfónica de Viveiro será do 25 ao 28 de xuño

Por 9 Xuño, 2019Sin comentarios

A Banda Sinfónica de Viveiro organiza  un obradoiro a finais de xuño. O obradoiro vai dirixido a todos aqueles músicos cunha bagaxe mínima de 3 anos tocando nalgunha Banda de Música, Escola de Música ou Conservatorio (instrumentistas de vento e percusión).
Esta cuarta edición céntrase no traballo e na convivencia como grupo, simulando a vida profesional dunha agrupación que prepara un concerto en catro xornadas. Concertos e outras actividades complementarias se unen á programación para o fomento da cultura musical da rexión da man de recoñecidos artistas.
Durante o obradoiro desenvolveranse unha serie de sesións de traballo sempre colectivo, nas que se ofrece ás persoas participantes, pautas de carácter teórico e práctico, que lles permitirán perfeccionar a súa técnica, ampliar o seu repertorio e responder aos interrogantes que se lles presenten no día a día.
Durante catro días os diferentes tipos de ensaios serán ensaios parciais, seccionais e xerais.
O obradoiro celebrase do 25 ao 28 de xuño de 2019 en Viveiro.
Ofrécense tres tipos de modalidades, a primeira o músico obradoiro que ten un prezo de 50 euros  por músico participante. No que o asitente participará nas sesións musicais de 10:00h a 13:30h e de 16:30h a 20:00 horas.
O obradoiro con xantar cuesta 100 euros e inclúe o ensaio, transporte en autobús, xantar, actividade lúdica con monitores, desprazamentos e concerto.
O todo Incluído, por 190 euros, no que hai 30 prazas dispoñibles, inclúe ensaio, transporte en autobús, xantar, actividade lúdica con monitores, desprazamentos, concerto, cea e durmida no hotel Dolusa.