Burela acollerá tres talleres sobre igualdade e violencia de xénero os días 12 e 18 de xuño

Os días 12 e 18 de xuño terán lugar en Burela tres talleres para mulleres, que se enmarcan no programa Bufando (Burela actÚa Fronte Á Violencia De XénerO).

O día 12 de cinco a sete da tarde o obradoiro leva por título Falemos de igualdade. Aínda é necesario o feminismo?. O día 18 celebraranse dous talleres, un sobre Micromachismos. Detectando as violencias cotiás, que será de 10 a 12 horas e outro pola tarde, esa mesma xornada, sobre Empoderamento e redes de sororidade de cinco a sete da tarde.

Os talleres desenvolveranse no Centro de Formación Ocupacional. As mulleres interesadas en asistir poden inscribirse no CIM, chamando por teléfono ao 982 580 609 ou no email cim@burela.org

Etiquetas