Viveiro reuniuse coas empresas adxudicatarias para os estudos xeotécnicos do paseo marítimo

Estes días tivo lugar unha reunión entre a Alcaldía de Viveiro, o Xefe Provincial de Costas e os representantes das empresas que resultaron adxudicatarias de forma definitiva no procedemento levado a cabo por Costas para a realización dos estudos xeotécnicos do paseo marítimo e da baixada á praia de Sacido, que son PROYFE, no caso do paseo marítimo, e ICEACSA, para a baixada a Sacido.

Coa realización dos traballos referidos vaise estudar a estabilidade do paseo marítimo e do talud da baixada á praia de Sacido para coñecer cáles son as posibles solucións con respecto aos problemas existentes a día de hoxe, valorar os seus custes e decidir a actuación máis idónea para cada un destes dous espazos.

A realización destes dous estudos supón un paso moi importante para solventar os problemas de inestabilidade do paseo marítimo e da baixada á praia de Sacido, co obxectivo de poder executar as actuacións que corresponda á maior brevidade posible; ambos estudos son, polo tanto, esencias para poder facer as intervencións que se determinen.

Etiquetas