As Catedrais prepárase para recibir a miles de visitantes ao día este verán

O monumento natural da praia ribadense das Catedrais prepárase para recibir a miles de visitas cada día. Será necesario reservar gratuítamente o pase para pasear polo areal a partir do 1 de xullo e ata o 30 de setembro. Para obter a autorización só hai que introducir uns datos na web http://ascatedrais.xunta.es. Os axentes turísticos contratados polo Concello no enclave tamén informarán ás visitas das alternativas de ocio das que dispoñen na comarca.

Quen se achegue o lugar, poderá ver carteis que advirten do perigo do desprendemento de rochas e das prohibicións de acceso a algunhas zonas consideradas máis perigosas e a outras cuxa fauna e flora hai que preservar.

Etiquetas