Mondoñedo achega o traballo dos artesáns ao público do 10 ao 30 de xuño

Este xuño, o Concello de Mondoñedo achega o traballo dos artesáns ao público do 10 ao 30 de xuño.

Haberá demostracións de títeres os días 14 (pola tarde de 17 a 20 horas), 15 (pola mañá de 11 a 13:30 horas), 19 (pola tarde), 20 (pola tarde), 21 (pola tarde), 26 (pola tarde), 27, 28 e 30 (pola mañá os tres días).

As de alfarería serán de luns a venres a partir do día 21 de 11 a 14 horas, de 18 a 21 horas e as demostracións de 13 a 20 horas.

As actividades de canteiría serán de luns a sábado de 10 a 13 horas, de 17 a 20 horas e as demostracións ás 18 horas.

Os de serigrafía serán de luns a sábado de 11 a 14 horas, de 17 a 20 horas e as demostracións ás 17 horas.

Estas actividades terán un coste de 3 euros por adultos e 1,50 euros para menores de 3 anos.

 

 

Etiquetas