Cabaliño de Pao de Cervo organiza actividades para o verán

Este verán os máis pequenos poderán pasar unha semana completa en Cabaliño de Pao de Cervo, na que farán moitas actividades. Serán durante xullo e agosto de 10 a 14 horas.

Poderán disfrutar dun verán diferente, rodeados de natureza, animais e novos amigos.

Para participar hai que reservar canto antes xa que os grupos son moi reducidos para aproveitar ao máximo a experiencia. Hai que chamar ao 652 565 219.

Etiquetas