Menopausia

Por Noel López Pinín

Ola de novo lectores!

Nesta ocasión vamos falar sobre  un estado fisiolóxico que preocupa a moitas mulleres e creo que vos vai a resultar de moita axuda: a menopausia!

Moitas mulleres acuden a miña consulta con medo a engordar en esta etapa da vida, a menopausia é una etapa natural da muller na que se produce una reducción das hormonas sexuais (estróxenos e proxesterona) debido a que  os ovarios deixan de madurar óvulos, isto conleva a un ciclo menstrual irregular ata que chega un momento que desaparece e con isto a capacidade reproductiva.

A menopausia pode ocorrer moi cedo sobre os 40 anos, ou na sua idade habitual sobre os 45 – 50 anos, ainda que hai mulleres que poden manter a menstruación  ata os 60 anos. Ter uns hábitos saudables vai axudar a retardar esta etapa, comer sano, facer deporte son pezas fundamentáis para así axudarnos a retardar e incluso a mellorar a sintomatoloxía cando dito momento chege, máis adiante falaremos un pouco acerca da sintomatoloxía de este proceso.

Hai tendencia a medicalizar a menopausia como si se tratase de unha doenza, isto é unha etapa natural non é unha patoloxía nin é perxudical para saúde,  a menopausia pódese vivir con total naturalidade e alegría.

Vamos a profundizar un pouco máis sobre os seus síntomas, tratamentos convencionais , consellos sobre alimentación para esta etapa e algún remedio natural.

A menopausia non se produce de maneira brusca , sinon  progresivamente xa que a  menstruación indícalle  a muller que vai deixar de ovular, este período denomínase climaterio ou premenopauisa e  caracterízase  por, menstruacións moi abundantes ou pobres, períodos sin menstruación, desaxustes na menstruación. Considérase que  despois de estos síntomas e un ano sin menstruación  a muller chegou a menopausia.

Durante esta etapa a muller sofre unos cambios fisiolóxicos debido a falta de hormonas sexuais  femeninas (estróxenos e proxesterona) como sudoración, sofocos, irritabilidade, sequedad vaxinal, ansiedade  e tamén temos que decir que en esta etapa da vida sempre hai unha predisposición a engordar así como maior dificultade para baixar peso,  en esta etapa recomendase reducir un 20% a inxesta calórica para frenar esa posible subida de peso que pode experimentar sobre todo unha persoa a cal non ten uns hábitos saudables.

A medida que estas hormonas van desaparecendo  , a parte de producir os anteriores síntomas tamén pode facilitar a aparición de outras  patoloxías como poden ser, enfermedades cardiovasculares,  diabetes,  hipertensión arterial, arterioesclerosis , hipercolesterolemia, outro riesgo importante é a osteoporosis xa que o producirse unha disminución das hormonas sexuais femeninas, prodúcese unha descalcificación ósea .

A alimentación  e a actividade física serán un factor clave para evitar todos estas enfermedades.

Esta claro que non hai que esperar a chegar a menopausia para empezar a coidarse, esto xa ten que vir dende a adolescencia para chegar a vellez o mais sanos e fortes posibles e poder ter boa calidade de vida.

Por eso hai que reducir o consumo de graxas saturadas sobre todo as trans (graxas modificadas) , azúcres refinados (bollería industrial, alimentos ultraprocesados) , sal refinada  e debemos aumentar o consumo de froitas, verduras, peixe, lácteos , graxas saudables  ricas en Omega 3-6 (monoinsaturadas e poliinsaturadas )  procedentes do aceite de oliva virxen extra, froitos  secos, aguacate, peixe azul etc.

Estes alimentos son ricos en antioxidantes e son os mellores aliados conta a arteroesclerosis así como frente o envellecemento  celular prematuro.

Como dixen anteriormente é fundamental coidarse durante a adolescencia xa que a mitade do capital óseo ádquirese en esta etapa, por eso o aporte de calcio e vitaminaD tanto en adolescencia como en idade adulta será fundamental para chegar a menopausia con unha boa mineralización ósea, por eso temos que asegurar a vitamina D na nosa dieta xa que axuda a absorber o calcio.

Dentro da fitoterapia as plantas máis recomendadas para o tratamento natural da menopausia son: salvia, melisa,  ortiga, perexil, maca e alfalfa.

A veces tamén resulta interesante suplementarse con vitaminas eminerais magnesio e calcio. Grazas por leerme, en este artigo contei coa colaboración de Natalia Alonso (alumna en prácticas de nutrición) na miña clínica en Burela.

Etiquetas