O Club Petanca Ribadeo organizou un torneo de dupletas

A pasada semana realizouse no campo de San Francisco de Ribadeo, un torneo de petanca na modalidade de dupletas, organizado polo Club Petanca Ribadeo e nesta ocación só para socios do club.

Participaron un total de nove dupletas que competiron deportivamente e con resultados moi apertados. Finalmente proclamouse campioa a dupleta formada por Alfonsina Ginzo e François Maurer como segundos quedaron Manuel Teijeiro e Félix Acevedo e como terceiros Geni Rodríguez e Daniel Rodríguez.

A entrega de premios efectuose na Cafetería Bar Mediante e estivo presidida polo alcalde Fernándo Suarez. Desde o Club Petanca de Ribadeo agradecen aos establecementos a colaboración.

Etiquetas