O Pasatempo organiza o seu tradicional torneo de fútbol sala en Mondoñedo para o 21, 22 e 23

Por décimo ano consecutivo, a Asociación Cultural O Pasatempo organiza o seu tradicional torneo de fútbol sala O Pasatempo en Mondoñedo.

Este ano a data de celebración será o 21, 22 e 23 de xuño.

Os premios son de 1200 euros para o primeiro clasificado, 600 para o segundo, 240 para os semifinalistas e 120 euros para o mellor equipo local. Ademais todos eles levarán un trofeo de recordo, e o último clasificado levará unha tarta de Mondoñedo.

Tamén haberá trofeos ao mellor xogador, o máximo goleador e o mellor porteiro (todos os trofeos son artesanais) e premio tamén para o MVP da final, elexido polo público asistente. Ademais haberá trofeo para a persoa do público que máis horas bote no pavillón.

A inscrición é de 100 euros. Grandes descontos no aloxamento nos hostais da cidade para os equipos participantes, ademais dunha zona de acampada gratuíta.

O prazo de inscrición continúa aberto, coas últimas plazas dispoñibles e remata o día 19.

Para apuntarse hai que chamar ao 680 783 435.

Etiquetas