Skip to main content
ActualidadeFoz

O Tentacle Summer de Foz desvela os cabezas de carteis para esta edición

Por 15 Xuño, 2019Sin comentarios

O Tentacle Summer ven de desvelar os nomes dos artistas que encabezarán o cartel da súa próxima edición 2019 , que terá lugar o sabado 27 de xullo no Concello de Foz.
Máis concretamente anunciaron a colaboración con Poem, axencia de representación con sé en Barcelona, e que conta cun catálogo de máis de 50 artistas nacionais e internacionais. Todos eles exponentes de máxima calidade nos seus diferentes estilos dentro da música de baile e a electrónica… desde Funk, Disco ou House ata o Techno ou as variantes máis experimentais completan o seu nutrido roster.
Os responsables do festival atópanse moi ilusionados ante a posibilidade de dispoñer destas instalacións, estando seguros de que é o lugar ideal para realizar actividades de deporte urbano en paralelo á celebración do evento. Barállase a posibilidade de realizar un campionato de skate, un torneo de baloncesto 3 a 3 e máis ideas nas que aínda están traballando.
En canto ao musical manteñen a súa filosofía inicial apostando polos estilos funk, soul, jazz e disco, todos estes en convergencia cara ao son que máis os define, a música house.
Manteranse tamén, como na anterior edición, unha zona de comida, na que o pulpo e o churrasco ao estilo romaría serán os principais protagonistas, e unha pequena zona market con artesanos e pequenos creadores da zona.