O BNG propón elevar a rango de lei o uso do galego como ‘lingua vehicular’ no ensino

O BNG defendeu unha proposición de lei para elevar “a rango de lei”  o uso do galego como “lingua vehicular no ensino”. A lei, defendida pola deputada, Olalla Rodil  foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular argumentando que non existen problemas nesta materia.

Na defensa da Lei, a parlamentaria do BNG negou enerxicamente  as afirmacións do portavoz popular Cesar Manuel Fernández e insistiu na necesidade de reformar a Lei de Normalización Lingüística de 1983, para garantir que o galego, como lingua propia de Galiza, sexa tamén lingua oficial e vehicular en todos os niveis educativos. E facémolo, dixo, por dúas razóns, porque é “una obriga dos poderes públicos galegos garantir o uso da lingua galega en todos os planos da vida pública e os datos constatan que lonxe de avanzar, una parte cada vez maior das galegas e galegos sente una gran presión para abandonar o uso do galego”.

Rodil lembrou  que a propia Real Academia Galega pronunciouse neste mesmo sentido e os datos  do Instituto Galego de Estatística do ano 2013 confirman que , por vez primeira desde que existen rexistros,  “a lingua inicial maioritaria é o castelán”. Hai só dúas décadas, a comezos dos 90, reiterou a deputada do BNG,  “o galego representaba a lingua inicial ou materna do 62% da poboación maior de 15 anos, hoxe representa o 40%”.

Etiquetas