Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A presidenta de Unicef Galicia visitou o colexio ribadense Sagrado Corazón polo seu 50º aniversario

Por 19 Xuño, 2019Sin comentarios

A presidenta de Unicef Galicia, Myriam Garabito, visitou onte, venres, o colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, para agradecer a colaboración con esa entidade do centro, que celebra o 50º aniversario das súas actuais instalacións.
A dirección do colexio Sagrado Corazón explicou: “quixo felicitarnos polo 50º aniversario e destacou que levamos moitos anos celebrando a carreira Gotas para Níxer e que somos un Colexio Amigo de UNICEF desde o ano 2004. Estivo cos máis pequenos e despois tivo un primeiro encontro no salón de actos co alumnado de 4°, 5° e 6° de Primaria e un segundo cos de ESO, onde lles explicou que é UNICEF, por que traballan en Níxer e a que vai destinada a recadación da carreira. Para rematar fixo entrega á directora titular dun diploma e prometeu volver para participar con nós na edición da carreira do 2020”.