O BNG presentará unha iniciativa parlamentaria para abordar a cuestión de Alcoa

A situación das industrias electrointensivas, con Ferroatlántica e ALCOA como referentes, serán motivo de iniciativas plenarias. A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladou todo o apoio e solidariedade do BNG ao cadro de persoal da factoría da Coruña, que iniciou un peche na delegación do goberno para denunciar a falta de solucións do Executivo central.

Dende Alcoa na Mariña observan con preocupación os pasos que está a dar a multinacional coas factorías de Avilés e da Coruña.

Falta asinar o contrato de compraventa, pero a  multinacional do aluminio acadou xa un principio dacordo co fondo suízo Parter Capital para entregarlle a titularidade das fábricas da Coruña e Avilés e tamén dos seus case 700 traballadores. Alomenos, así o anunciou a empresa estadounidense.

O mercador non desembolsará cartos pola adquisición dos activos, senón que pagará asumindo o cento por cento da plantilla durante dous anos os dous vindeiros anos.

O novo inversor condiciona o futuro das instalacións a partir de 2021 ao prezo eléctrico para a industria electrointensiva.

Se a tarifa garantiza a competitividade da produción, Parter ten previsto reactivar as series de electrolisis para retomar a fabricación de aluminio primario.

Os representantes sindicais síntense desconoctados agora mesmo con respecto do Goberno, ao que están instando a respostar e a implicarse nas negociacións para manter a produción e os empregos. Namentras, o BNG, consciente da gravidade da situación e do futuro das fábricas de Alcoa na Coruña pero tamén en Cervo, vai instar á Xunta a abordar a cuestión no Parlamento galego, mediante unha iniciativa parlamentaria que vai presentar a formación frentista.

MULTAS. O Bloque reclamará as competencias nesta materia e que todo o que o Estado recada en multas e sancións de tráfico se invista en mellorar a rede de estradas de competencia estatal.

Etiquetas