A campaña ‘O que se enchufa, recíclase’ chegará a Viveiro coincidindo co Resurrection Fest

A campaña divulgativa para concienciar sobre a importancia da reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), que conta coa colaboración dos Bolechas para as actividades dirixidas ao público infantil chegará os días 3 e 4 de xullo chegue ao concello de Viveiro, coincidindo coa celebración do Resurrection Fest.  

O punto informativo inclúe un apartado específico para os nenos e nenas, co obxectivo de sensibilizar dende idades temperás sobre a necesidade de mellorar as prácticas de reciclaxe.

Esta acción pretende incidir na importancia da correcta xestión dos residuos, nas boas prácticas de consumo e na responsabilidade de toda a sociedade no coidado do medio ambiente.

Esta iniciativa, que forma parte da campaña O que se enchufa, recíclase, percorre diferentes concellos galegos entre os meses de xuño e xullo. En cada unha das localizacións programadas móntase unha carpa con monitores especializados para informar a todas as persoas que se acheguen ata o posto sobre a reciclaxe dos RAEE. No interior da carpa instálase unha pantalla con xogos interactivos e tamén se proxectan vídeos informativos sobre o tema.

Esta actividade combínase coa Expedición RAEE dos Bolechas, que cubren o apartado de sensibilización dirixido ao público infantil. Así, os cativos e cativas desfrutan dunha xornada con música, xogos e teatro nun ambiente deseñado para captar a súa atención.

Etiquetas