A maxia do futsal agarda por ti o 4 e 5 de xullo

A maxia do futsal agarda polas promesas femininas, nas categorías Alevín (2008-09), Infantil (2006-07), Cadete (2004-05) e Sénior. As rapazas interesadas poderán reservar a súa praza para participar nos adestramentos do 4 e 5 de xullo e divertirse co fútbol sala.

O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club ou na páxina web de club.siguetuliga.com. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa da avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela, e a través do número 982 581 815 ou en escuelasdeportivas@burelafs.org.

A data límite de inscrición é o martes 2 de xullo.

Etiquetas