As xogadoras do Pescados Rubén Burela despiden a tempada ao grande

O Pescados Rubén Burela FS despide hoxe, xoves, a tempada, cunha cea no Hotel Nordés, ás 21.30 horas. As Guerreiras Laranxas poderán festexar coa afección a última xesta, a I Copa da Súa Maxestade (SM) A Raíña.

Os interesados en acodir puideron reservar o tícket no Nordés, ao prezo de 25 euros. O menú está composto por patacas ao pobre con xamón, croquetas caseiras, chipiróns fritos, lagostinos á prancha e solombo de porco.

Etiquetas